Durante o mes de novembro, o alumnado de 5º de EP e da Aula de Especial entregouse cunha enorme ilusión á preparación dos adornos de Nadal para o Hospital de Ourense . Esta actividade forma parte do proxecto Voz Natura , polo que, un ano máis, apostamos por materiais reciclados , educando en sustentabilidade mentres creamos beleza. Este ano demos un pasiño máis: decoramos botellas reutilizadas con motivos de Nadal e, no seu interior, colocamos mensaxes cheas de tenrura, forza e esperanza , destinadas ás persoas que máis o precisan nestas datas tan especiais. Pequenos xestos que, sen dúbida, poden iluminar grandes momentos. Pero a xornada non rematou aí. Ademais de contribuír á decoración do hospital, os nenos e nenas gozaron dunha visita guiada polas instalacións . Queremos expresar o noso agradecemento ao Complexo Hospitalario de Ourense por facer posible esta actividade tan significativa e chea de aprendizaxes. Iniciativas como esta, centradas na transformación social , ...
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones