O Samaín encheu o noso cole de maxia, misterio e moita diversión! Vivimos uns días moi especiais esta semana celebramos o Samaín, o colexio encheuse de cabazas, sombreiros máxicos, vasoiras, pantasmas, arañeiras e decoracións terrorificamente divertidas. Queremos destacar e agradecer especialmente a implicación das familias, que colaboraron con ilusión e creatividade para facer posible esta celebración e contribuír a crear un ambiente cheo de maxia. Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron deste Samaín un día inesquecible. Porque cando escola e familias camiñamos xuntas, as celebracións teñen un encanto especial! 🧡 Feliz Samaín! 🎃
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones