O programa didáctico Arqueocampo, impulsado polo Concello de Ourense, achega a Prehistoria ás escolas a través dunha experiencia educativa, práctica e chea de descubrimentos.
Da man dos especialistas Xesús e Silvia, os nosos nenos e nenas puideron coñecer de primeira man o traballo arqueolóxico e participar na súa propia escavación, na procura de restos de cerámica, sementes e carbón vexetal.
Fotografar, analizar, clasificar e arquivar os achados, observar restos de pole a través do microscopio... Cada paso converteuse nunha oportunidade para descubrir como era a vida nun castro e comprender todo o que os pequenos vestixios do pasado nos poden contar.
Aprender experimentando, descubrir investigando e achegarse á nosa historia dunha maneira diferente!







