O Sistema Solar...

Esta semana os alumnos/as de terceiro de primaria, tivemos unha visita moi especial, xa que os de quinto, viñeron ás nosas aulas a explicarnos e a mostrarnos as maquetas que eles mesmos confeccionaron do Sistema Solar. Foi unha sesión moi divertida... aprendemos e repasamos moitas cousas interesantes. Graciñas polo voso traballo e as vosas explicacións.