Unha viaxe no tempo.

Unha viaxe no tempo.
Esta semana nas clases de Educación Física retornamos unhas decenas de anos no tempo. Viaxamos a unha aldea de hai 60 anos onde os rapaces e rapazas xogaban libremente na eira. Buxainas, aros con guía , a ra, carreiras de sacos, chapas asolagaron o noso patio de lembranzas e recuperación de xogos para moitos descoñecidos.