POLÍTICOS POR UN DÍA - VISITANDO O CONCELLO DE OURENSE

Os alumnos de 5º de Primaria visitamos o Salón de Plenos do Concello de Ourense, unha actividade que nos encantou xa que puidemos coñecer ao alcalde e aprender de primeira man onde e como se toman as decisións importantes na nosa cidade.

Tamén nos explicaron o significado das bandeiras e os símbolos máis representativos de Ourense.
Recibimos o libro Augas de Ouro, como agasallo, sobre a nosa cidade.