FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Os alumnos de Primaria tivemos un acto no salón de actos do colexio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Cada curso realizou unha actividade para mostrarlle ós seus compañeiros de etapa, e tivemos a sorte de contar cos alumnos de 5 anos de Infantil, que tamén participaron xunto cos nenos e nenas de sexto de primaria, na activadade de "apadriñamento lector".

A rondalla Vedruna inaugurou o evento interpretando a canción "Romeiro ao lonxe". De seguido, os alumnos de 4º de primaria fixeron un percorrido pola vida do autor homenaxeado este ano: Antonio Fraguas Fraguas. Os alumnos de terceiro interpretaron unha pequena obra de teatro relacionada co autor. Os alumnos de 5º e 6º presentaron varios vídeos en prol do galego e tamén explicaron a actividade de apadriñamento co alumnado de 5 anos de infantil.

Aproveitamos a ocasión para facer entrega dos premios ós gañadores do concurso de marcapáxinas, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística do colexio.


En 3º, a gañadora foi Alba Fernández.  En 4º, Guillermo Limia. En 5º, María Pereyra e en 6º, Rodrigo Villanueva. Noraboa a todos!

Resultou un acto cultural moi ameno e dinámico, deixámosvos algunhas fotos dos mellores momentos.