NORABOA A NOSA COMPAÑEIRA MARÍA VICTORIA!

Hoxe os alumnos de 6º A de Educación Primaria, acompañamos á nosa compañeira; María Victoria Outeiriño ata Praza de San Martiño para recoller un premio polo seu microrelato adicado ás mulleres de Galicia. Este premio, que foi concedido polo Concello de Ourense nunha das actividades que organiza para festexar a semana das Letras Galegas, consistíu nunha tableta dixital.

Os alumnos gozaron dunha obra teatro-musical que falaba da vida de Antón Fraguas que é o autor homenaxeado este ano.

Parabéns María Victoria!