Neste curso, os alumnos de 6º teñen unha materia onde implantamos totalmente nas aulas o uso das tablets (iPads) ou dos ordenadores (Chromebooks) para traballar ao longo de todo o curso. Cremos que esta metodoloxía nas aulas estimula a intelixencia e a motivación dos alumnos. Con estas ferramentas traballaremos as habilidades básicas para facer posible un progreso cognitivo, logrando estratexias máis complexas do pensamento.
Usar a tecnoloxía na contorna académica non é algo novo. Porén, a forma na que se utiliza cambiou moito ao longo dos anos, permitindo maior flexibilidade, eficiencia e aproveitamento dos recursos educativos e ofrecendo unha formación de maior calidade ao alumnado.
Incorporando a tecnoloxía á educación aportamos unha serie de beneficios que axudarán a mellorar a eficiencia e a produtividade na aula, así coma a aumentar o interese do alumnado nas actividades académicas.
Outra característica desta materia é que a partir do traballo cooperativo e en equipo, os rapaces poderán desenvolver todo o seu potencial. A implantación deste proxecto facilitará novos modelos de aprendizaxe que axudarán a afianzar e potenciar as habilidades que os alumnos xa coñecen no seu día a día.
Este trimestre comezaremos a deseñar un traballo que culminará coa elaboración dunha presentación dixital xunto coa exposición da información elaborada, dentro do marco de contido do Universo.