Este ano, os alumnos de 3º de Educación Primaria aprenderán os conceptos de Ciencias Sociais dunha maneira máis activa e dinámica, ademáis do libro de texto, utilizaremos outro recurso, o iPad; ao longo de todo o curso aprenderemos diferentes aspectos do Sistema Solar, da Terra, das paisaxes, da historia, etc., coa súa axuda.
Pensamos que o iPad é unha xanela aberta ao mundo que proporciona a posibilidade de explorar en tempo real calquera área do coñecemento, en este caso, as Ciencias Sociais. Este dispositivo incorpora un gran potencial para poder traballar de mil formas distintas na aula; algo que potenciamos é que os alumnos accedan ao coñecemento xogando, o que aumenta a súa capacidade de concentración, e alimenta a súa creatividade, o seu interese e a súa motivación.
As ferramentas dixitais transforman gradualmente as nosas aulas e inevitablemente conducen a cambios nas prácticas de ensino. Con este recurso, temos a posibilidade de traballar de maneira individualizada, adaptándose ao ritmo de aprendizaxe de cada alumno, á vez que se presta para o uso grupal, impulsando as habilidades sociais e o traballo cooperativo.