FACÉMONOS GRANDES

Os alumnos de 3º de Eduación Primaria estamos medrando e, un dos grandes cambios deste ano é que podemos utilizar a biblioteca dos maiores.

A biblioteca escolar ademais de proporcionarlle aos alumnos recursos para ler, tamén ofrecerá un espazo de achegamento diferente, apoiando non só actividades curriculares senón momentos nos que o alumnado escolla as súas propias lecturas e non teña obrigación de explicar a súa elección, nin o contido do que le. 

Cada semana os alumnos terán a posibilidade de coller un novo libro e comezar unha nova aventura que levará as súas mentes a facer grandes viaxes, desas inesquecibles.

Comezamos a aventura?