Estamos de noraboa! Os alumnos de 6º de Educación Primaria foron seleccionados pola escola do Corpo Especial de Viaxeiros. Durante todo o curso terán que superar diferentes misións relacionadas co aprendido nas diferentes materias para poder graduarse e conseguir chegar a pertencer ao Corpo, para iso, deberán pasar por diferentes categorías: CADETES, SUBOFICIAIS E OFICIAIS. Con este proxecto conseguimos un alto grao de participación, responsabilidade e motivación así coma unha atención á diversidade e inclusión moi significativas. Isto xunto co formato gamificado e o uso das TICs, fai que a experiencia sexa divertida, que teña un contexto significativo e que sexa motivo de esforzo por conseguir os obxectivos propostos da mellor maneira posible.
Nestas primeiras sesións, os alumnos viron a páxina web onde están todos os recursos para traballar e realizar a diferentes misións (https://vedrunaou.wixsite.com/unhaviaxealucinante). As misións poderán ser individuais ou en grupo e, en todas elas, conseguirán unha puntuación que lles servirá para alcanzar a obxectivo final, graduarse no Corpo como oficiais. Ademais, durante a realización das mesmas, conseguirán recompensas que poderán utilizar durante o curso.
Neste primeiro trimestre serán cadetes que terán que realizar dúas misións. Na primeira, de maneira individual, viaxará ao Universo a través dun Kahoot. Nel, poderán dunha maneira divertida e motivadora repasar todo os conceptos estudados sobre este tema. Pero, nesta primeira misión xa temos a uns cadetes moi avantaxados, as tres primeiras puntuación na misión realizada, levaron unha recompensa pola súa boa labor e a súa sabiduría.
A pola segunda misión, ánimo cadetes!