Celebramos o Día da Non-Violencia e a Paz


Este ano para conmemorar o Día da Non-Violencia e a Paz, desde o noso colexio,
decidimos  traballar en cada curso con figuras de referencia mundial no ámbito da loita pola Paz.
Os nosos alumnos dedicaron estes días a coñecer mellor o labor destes personaxes soados
e activistas pola Paz. Aprenderon os seus nomes, algunhas das súas accións máis famosas,
pero sobre todo aprenderon que, con pequenos xestos se pode cambiar o mundo.

Os alumnos de 1º de primaria presentaron unha imaxe e unha frase de Nelson Mandela.
Os alumnos de 2º de primaria presentaron unha imaxe e unha frase de Malala Yousafzai.
Os alumnos de 3º de primaria presentaron unha imaxe e unha frase de “Padre Ángel”
Os alumnos de 4º de primaria presentaron unha imaxe e unha frase de Martin Luther King.
Os alumnos de 5º de primaria presentaron unha imaxe e unha frase de Rigoberta Menchú.
Os alumnos de 6º de primaria presentaron unha imaxe e unha frase de Mahatma Gandhi.