QUE DEBEMOS FACER PARA ESTAR SANS?

No segundo tema da materia de Ciencias Naturais os nenos de 1º e 2º de Educación Primaria coñecimos a importancia de estar sans e cales son as normas básicas que debemos cumprir para ter unha boa saúde.

Neste tema aprendimos moitas cousas sobre os tipos de alimentos, naturais e elaborados, os grupos de alimentos e o que nos aporta cada un e por que é importante que comamos de todo. Tamén repasamos algúns hábitos de hixiene e a importancia de facer exercicio e de durmir e descansar para que o noso corpo e a nosa mente estén preparados para un novo día.

A última semana de cole recibimos a visita da doutora en farmacia e dietista nutricionista Laura Fleire coa que repasamos todo o que aprendimos e coñecimos algunhas curiosidades máis.