A DIFFERENT CARNIVAL!!!

Os mestres da materia de Arts&Crafts, en colaboración co Equipo de Normalización da
Lingua Galega do centro, quixeron transmitir ós seus alumnos de Primaria, dende 1º a 6º,
as tradicións máis entroideiras da nosa provincia cheas dun gran valor cultural e artístico e,
tamén, intentaron deixar claro a importancia do respecto pola tradición popular e a cultura propia.

Cada curso fixo a carauta dun traxe tradicional do Entroido de diferentes lugares ourensáns.
En 1º, fixeron o Galo de San Pedro da Mezquita. En 2º, o Boteiro de Vilariño. En 3°,
o Vergalleiro de Sarreaus. En 4º tiveron a sorte de elixir entre Felos (Maceda), Peliqueiros (Laza)
e Cigarróns (Verín). En 5º, déronlle cor ó Boteiro de Viana. E, os máis maiores de 6º, gozaron
facendo a Pantalla de Xinzo de Limia.

Grazas por esas carautas tan espectaculares e a gozar do entroido ourensán!