DESFILE DO ENTROIDO 2020

Este ano, os alumnos e alumnas de Educación Primaria quixemos celebrar, todos xuntos e cunha temática xeral: os oficios. Dende pilotos, médicas e astronautas; ata granxeiras, policías e deseñadores de moda. Todos déronse cita esta tarde no noso polideportivo para festexar unha das nosas festas máis tradicionais e importantes: o Entroido. 

Pero non só puidemos admirar eses disfraces senón que, por outra banda, tamén puidemos gozar dos traxes máis tradicionais da nosa provincias: as pantallas e os peliqueiros, que encheron a pista coas súas carreiras e sons. O Entroido máis tradicional, xunto co máis divertido e orixinal. Así é como vivimos estes días anteriores á celebración para que os nenos e nenas coñezan de preto a tradición e cultura da nosa provincia, un dos nosos principais obxectivos.

Feliz Entroido a todos!