ENCONTROS CON HÉCTOR CAJARAVILLE

Os alumnos de 6º tivemos o pracer de asistir á actividade do Concello de Ourense “Encontros co autor” que, este ano, tiña ó escritor Héctor Cajaraville coma autor invitado. Ademais de ler o libro proporcionado a cada alumno polo Concello: “Kusuma”; nós, tiñamos xa na nosa programación, outro libro desde mesmo autor: “Quen da a quenda?” e, por iso, aproveitamos para que asinara todos os exemplares e, así, deixar unha bonita lembranza nos nosos propios libros e nos do colexio. 


A actividade foi moi emocionante; sempre é impresionante que o mesmísimo autor dos libros que estás a ler, sente contigo e teña unha bonita conversa. Tivemos a sorte que tamén puidemos preguntarlle sobre o libro de “Kusuma” e que nos deixase coa mel nos beizos para o seguinte libro que xa está a escribir.

Héctor, esperamos con moita ilusión esa nova aventura!