O CICLO DA AUGA

Os nenos de 2º de Educación Primaria rematamos o primeiro tema da materia de Ciencias Sociais deste trimestre. Aprendimos moitas cousas sobre a auga, coñecimos as súas características máis importantes, os distintos estados nos que se pode presentar, distinguimos a agua potable da non potable, dímonos conta da importancia de aforrar auga e tamén traballamos o ciclo da agua, memorizando as fases máis relevantes. 

Para comprender mellor estes últimos conceptos preparamos como actividade de repaso unha roda explicativa do ciclo da auga, para identificar cada fase e relacionar esta información con debuxos explicativos, afianzando mellor os contidos. 

Este tipo de actividades plásticas motiva a aprendizaxe dos nosos alumnos xa que repasan dunha forma máis práctica e aprenden mentras se divierten.

2ºA
2ºB


2ºC