Visita ó Salón de Plenos do Concello

Como cada ano os alumnos de 5º de Educación Primaria teñen a posibilidade de coñecer o  salón de plenos do Concello de Ourense para poder traballar así un dos contidos de ciencias sociais que se refire á organización política do territorio.


Os nenos e nenas escoitaron atentamente as explicación que lle deron con respecto aos diferentes cargos e responsabilidades que teñen os nosos concelleiros, o noso alcalde os funcionarios que alí traballan.


¡Foi toda unha experiencia!