Os alumnos de 6º de Educación Primaria continuamos co noso proxecto
“Apadriñamento lector”, nesta ocasión os nosos afillados subiron a coñecer a
nosa Biblioteca. Pasámolo fenomenal amosándolle vocabulario e xogando coas
palabras. Ao rematar nos tiñan preparada unha sorpresa en forma de cantiga que
nos encantou.