Este ano, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, participamos no Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil do Día das Letras Galegas que convoca, cada ano, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O obxecto deste concurso é que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega.
É, como resultado desta participación, temos un premiado entre nós: Ángel Méndez Sueiro, alumno de 6º, foi a gañador do primeiro premio da súa categoría por unha historia cargada de imaxinación e chea de personaxe divertidos e orixinais.
Parabéns Ángel!