Os alumnos de 6º de EP seguen coas sesións para realizar un Proxecto neste trimestre como "Embaixador@s da Igualdade" coa colaboración das Titoras e o Departamento de Orientación. A súa finalidade é Prevenir a Violencia de Xénero entre os alumnos e alumnas da ciudade de Ourense.
Participan as ANPAS dos Centros Concertados coa Asociación AMPES e apoiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta semana continuamos coa segunda parte onde traballamos: conceptos, dereitos, estereotipos, roles...
Moi positiva a atención e escoita de todos os alumnos e alumnas.