Como cada ano a Federación de Anpas de Ourense organizou o Concurso de Tarxetas de Nadal 2020 para que os alumnos demostrasen a súa creatividade e orixinalidade nun traballo de expresión artística relacionado coa temática do Nadal cristián.
Durante a mañá do día de hoxe os representantes da Federación de Anpas e os alumnos e alumnas premiados, achegáronse a Carmelitas para recoller os premios.
Este ano, entre os gañadores, contamos con catro alumnas do noso centro.
Na categoría de Infantil resultou gañadora:
Carla Fernández Fernández
Na categoría de 1º e 2º de Primaria resultou gañadora:
Adriana Rubín Salgado
Na categoría de 1º e 2º de ESO resultou gañadora:
Noa Fernández Salinas
Na categoría de 3º e 4º de ESO resultou gañadora:
Paula García Carballo
Moitos parabéns a todas!