Como xa é habitual neste curso temos que ir adaptándonos a unha nova normalidade dentro do noso día a día. Así, desde o colexio, pensamos en facer unha breve e comedida celebración do Entroido, porque entendemos que os nosos alumnos merecen dalgunha maneira un premio por ter e manter unha actitude tan responsable e comprometida de cara ás normas e actuacións levadas a cabo no centro para seguir o protocolo Covid-19, que tantas limitacións nos leva marcando desde o inicio do curso.
Por este motivo o venres, 12 de febreiro pola tarde os nosos alumnos de Primaria trouxeron algún que outro complemento do entroido para poder compartir uns intres de diversión xunto cos seus compañeiros e profesores.
Deixámosvos unhas fotografías dos mellores momentos.