Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria levan feito unha actividade de investigación para coñecer a mulleres importantes na historia, tanto en Galicia como noutros lugares do mundo.
Logo de facer ese exercicio de investigación, averiguaron os seus logros, onde e cando viviron, as motivacións que as levaron a adicarse cada unha de elas ós seus ámbitos.
Tamén comentaron o impacto social, que os feitos que estas mulleres levaron a cabo, tivo na sociedade que lles tocou vivir.
Unha vez rematado o traballo, os nosos alumnos elaboraron diferentes actividades para difundir a súa experiencia con toda a comunidade educativa do noso colexio.
Elaboraron vídeos para compartir en redes sociais. Realizaron cartaces cos debuxos e os logros das citadas mulleres. Ademais desde a Consellería de Educación facilitáronnos posters con debuxos, logros e citas de mulleres de relevancia en Galicia, para conmemorar, o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.
Nesta entrada deixámosvos unha mostra do seu traballo, e como algúns alumnos doutros cursos, se achegarán durante toda a semana para aprender cousas interesantes sobre estas mulleres.