O pasado luns, 22 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Auga por iso, os nenos de 1º de Educación Primaria aproveitaron para repasar todos os conceptos que aprenderon sobre a auga na materia de Ciencias Sociais. A través dunha actividade plástica recordaron as súas características máis importantes, os distintos estados nos que se pode presentar e, especialmente, a importancia de non malgastar a auga para crear un mundo mellor para todos os seres vivos.
Este tipo de actividades axudan aos nosos alumnos a afianzar os contidos traballados e motiva a súa aprendizaxe xa que repasan dunha forma máis práctica e aprenden mentras se divirten.
1ºA
1ºB
1ºC