Celebramos as Letras Galegas

Como cada ano celebramos o Día das Letras Galegas no noso colexio para demostrar o noso compromiso coa lingua e coa cultura galega.

Na etapa de Educación Primaria levamos a cabo numerosas actividades relacionadas coa nosa lingua, coa cultura galega e como non, profundizamos no coñecemento da vida e obras de Xela Arias que foi a autora homenaxeada este ano para o 17 de maio.

Os alumnos de 1º e 2º  de primaria traballaron coas actividades do Seminario Galán, facendo visionado de contos, traballando comprensión lectora e decorando espazos do colexio.

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria realizaron declamación de poesías da autora, fixeron redacción e decoración de espazos, vídeos de contos narrados polos alumnos.

Ao longo desta semana os alumnos de 5º e 6º coñecemos a figura de Xela Arias e algunhas das súas obras.

Nesta entrada deixámosvos algunhas imaxes e vídeos do que traballamos durante todo a semana.

Os alumnos de 3º,4º,5º e 6º participaron nun concurso de decoración de marcadores.

#EDL

Os gañadores foron:

Paula Gamarro










Iago González de 3º








María Fernández de 4º


Alba Fernández de 5º




Estela Fernández de 6º


Noraboa!



Bo traballo!


Os alumnos de 1º e 2º.










Os alumnos de 3º e 4º.

O 17 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Xela Arias. Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria quixemos recordala ilustrando un conto que escribiu Xela con 11 anos e que foi merecedor do primeiro premio na sección «Contos de nenos» do VI Concurso de contos infantís «O Facho» e que foi publicado no ano 1974, o seu título: ““A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES E A FRAGA LEOPARDICIA”. 


Houbo un tempo cando facer cultura en galego non era nada doado, un poeta lucense falaba cos paxaros e cos ríos coa nosa lingua, o galego, este era, Manuel María. No ano 1979 presentaba un libro, "As Rúas do Vento Ceibe” e, os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria quixemos nesta semana das Letras Galegas facerlle unha homenaxe a través dos nosos debuxos e declamando algúns dos seus poemas. 

Feliz Día das Letras Galegas!







































Os alumnos de 5º e 6º .

"Se hai unha letra que nos abre as portas ao seu universo esa é o X, tan grande como o que dá inicio ao seu nome: Xela".