O SISTEMA SOLAR

Os nenos de 1º e 2º de Educación Primaria rematamos o primeiro tema da materia de Ciencias Sociais deste trimestre. Aprendimos moitas cousas sobre o sistema solar e os astros que o forman, os movementos dos planetas -rotación e translación-, fixándonos na súa duración no planeta Terra e o que conseguimos con cada un deles. Coñecimos algunhas características sinxelas dos demais planetas, as fases da Lúa e vimos algunhas constelacións. Ademais aprendimos as características do aire e a importancia de non contaminalo. 


Para comprender mellor estes conceptos preparamos como actividades de repaso uns debuxos do Sol, da Terra e da Lúa e os conectamos para ver os movementos de rotación e translación e como a Lúa xira arredor da Terra. Tamén creamos una roda explicativa para recordar e repasar estes contidos e así afianzalos mellor.


Desta forma os alumnos involucráronse máis activamente na unidade porque como dixo Benjamin Franklin: "Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo". 


1ºB








1ºC







1ºA









2ºB







2ºC






2ºA