Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria rematamos o tema de Ciencias da Natureza “A enerxía” e, como pequenos científicos que somos, vámosvos a explicar no seguinte vídeo todo o relativo a ela: que é, os tipos, de onde sae... Pero, o máis importante que vos queremos dicir é que, para coidar o noso planeta, temos que comezar aforrando enerxía. Un pequeno xesto coma o de apagar a lámpada dunha habitación baleira é tan sinxelo e, a súa vez, un paso tan grande para o coidado da Terra.