A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2022 no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, de Follas Novas, na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Dende o noso colexio, sumámonos a esta iniciativa e queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando dito poema a tráves da elaboración da receita do caldo que aparece nel e, por tanto, neste día, poderemos desfrutar dun saboroso caldo no noso comedor.
Bo proveito!
#normalizaciónlinguística #EDLG #RosalíadeCastro #CaldodeGloria #DíadeRosalía #ogalegomola