Feliz día de Rosalía

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha das nosas escritoras máis recoñecidas e admiradas. Este ano fixemos diferentes actividades durante toda a Primaria para recordala e dar a coñecer o seu legado aos nenos e nenas.

Dende aprender un anaco dun dos seus poemas, “Eu ben vin estar o moucho» (poema 16 de «Cantares gallegos», versionado polo grupo Migallas Teatro) e facer unha máscara representando a súa cara en 1º e 2º de EP.

Ou, coa colaboración da materia de Arts&Crafts, realizar diferentes debuxos da súa persoa, escollendo algunha frase recoñecida dela e escribila neses debuxos en 3º e 4º de EP.

Ata rematar facendo un traballo voluntario da autora e conseguir verdadeiras obras de arte dos alumnos de 5º e 6º.

Feliz Día de Rosalía!

#normalizaciónlinguística #EDLG #RosalíadeCastro #CaldodeGloria #DíadeRosalía #ogalegomola