Gozamos da nosa lingua

Esta semana celebramos no colexio a nosa 1ª Semana Vedruna da Lingua por mor das Letras Galegas. Todos os nenos e nenas, dende Infantil a Bacharelato, participaron dunha maneira ou outra para darlle un pulo a nosa lingua nesta data tan especial para nós, os galegos e galegas.


Fixemos moitas actividades, en todas as etapas, algunhas relacionadas co homenaxeado nas Letras Galegas 22, Florencio Delgado Gurriarán, e, outras, só para potenciar o uso do galego nos nosos rapaces e rapazas.


Como todos os anos, retomamos o concurso de marcapáxinas, os nenos e nenas de Primaria puxéronse creativos e fixeron uns marcapáxinas fermosos, todos relacionados ca nosa lingua e as Letras Galegas 22.


FOTOS NENOS COS MARCAPÁXINAS.


Os gañadores foron: Pablo Lemos Álvarez  (1º), Uxía Fernández Batista (2º), Noa Rodríguez Ortega (3º), Gabriela Cid Da Silva (4º), María Fernández Sardiña (5º), Enzo Freire Lorenzo (AEE) e Xiana Castañeiras González (6º).


FOTOS GAÑADORES DOS MARCAPÁXINAS.


O mestre Rafa foi o encargado de facer unhas sesións de contacontos cos máis cativos do colexio coa axuda dos nenos de 6º. Co conto “A araña que lle tiña medo as arañas” conseguiu deleitar aos nenos de Infantil e primeiro ciclo de Primaria e, cos alumnos e alumnas de 6º, ilustraron o conto entre todos.


FOTOS CONTACONTOS.


O autor homenaxeado polas Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, era un apaixonado de Galicia que levaba o noso idioma a todos os sitios onde viviu. Nós, a través dun obradoiro, quixemos que os nosos nenos e nenas pensaran nas verbas máis fermosas que posúe a nosa lingua e que as representaran. Os pequenos, en papel, e, os maiores, con pulseiras, tiveron a oportunidade de pensar e ver a beleza dentro da nosa lingua. Ademais, os maiores fixeron pulseiras para todos os pequenos que foron entregando durante estas xornadas.


FOTOS PALABRAS FERMOSAS.


Unha das actividades que máis nos gusta levar a cabo é o apadriñamento lector dos nenos e nenas de Infantil por parte dos alumnos e alumnas de 6º. Por mor da pandemia e das restricións, ata agora non puidemos retomala e tiñamos moitas ganas de facela de novo e, esta semana, comezamos outra vez a facer os nosos encontros cos máis cativos. Foi emocionante ver outra vez a ilusión dos pequenos vendo aos maiores e a emoción dos grandes escoitando as peripecias dos pequenos.


FOTOS APADRIÑAMENTO.


Preparamos, coa axuda do Departamento de Pastoral, un par de oracións referidas as Letras Galegas e ao homenaxeado. Unha delas foi feita coas ilustracións de Blanca Millán e as voces dos nenos de 6º que relataron a vida de Florencio. Outra delas foi feita para a ESO e adaptada para os alumnos e alumnas de Primaria.


VÍDEO 


Foi unha semana chea de actividades que os nenos gozaron xuntos.


A continuación deixámosvos todas as fotos feitas durante todos estes días.


Esperamos que vos gusten!


FOTOS VARIADAS.




#SemanadaLingua #LetrasGalegas22 #normalizaciónlinguística #EDLG #ogalegomola #primaria #infantil #apadriñamentolector