Este ano, coma todos os anteriores, o colexio participa nos Premios Frei Martín Sarmiento e axuda a elixir aos gañadores coa lectura dos libros dos finalistas. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega faise o posible para poder participar en todas as categorías e desfrutar das lecturas finalistas.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria leron o libro "Patio de luces", escrito pola autora Érica Esmoris, finalista dos XVIII Premios Frei Martín Sarmiento e tiveron a gran sorte de podela coñecer e falar con ela do libro.
Grazas por vir!
#normalizaciónlingüística # EDLG # premiosFreiMartínSarmiento # ogalegomola #primaria # patiodeluces #EricaEsmoris