Visita á biblioteca

 Esta semana pasada, os nenos e nenas de 6º, fixemos unha visita moi interesante. Foi unha visita que levábamos esperando, xa dende o Día do Libro.


Fomos a visitar a Biblioteca Pública Nós e tivemos a sorte de contar cunha persona da propia biblioteca, Antón Páramo, que fixo a visita tremendamente interesante. Contounos o traslado da biblioteca e ensinounos as novas instalacións, máis modernas e adaptadas a todas as necesidades.


Tivemos tempo para botar unha ollada a sección infantil e ler algúns dos nosos libros favoritos.


Voltaremos sen dúbida!


#animaciónálectura #bibliotecapúblicanós #primaria.