Taller Cívico-Tributario


Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, tiveron a posibilidade de asistir ao Programa de Educación Cívico-tributaria que leva a cabo a Axencia Tributaria.


Belén González e Marisol Blanco, técnicos da Axencia, acercáronse ao centro a facer un taller sobre educación cívico–tributaria. Dita educación ten como obxectivo primordial transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas defraudadoras. Por iso, a súa finalidade non é tanto facilitar contidos académicos como contidos cívicos.


As dúas técnicos explicaron dunha maneira moi sinxela a nosa labor cívica dentro desta sociedade democrática onde vivimos.