Comeza o Samaín 2022!

Os alumnos e alumnas de Educación Primaria, traballamos unha das nosas festas máis tradicionais, o Samaín, mediante lecturas, contos, xogos online e moitas manualidades para coñecela mellor e poder desfrutala moito.

En 1º e 2º a mestra Noelia dramatizou o conto "Corre, corre, cabaciña", onde os nenos e nenas desfrutaron moito desa lectura e, ademais, fixeron unha araña moi terrorífica. 



















En 3º, 4ºe a Aula de Especial, ademais de facer comprensión sobre o Samaín, explicarlles a historia e as tradicións; fixeron xogos online e conseguiron deseñar en grupo un móbil para decorar a clase e caretas para levar a casa.




















































En 5º e 6º, tamén fixeron comprensión de diferentes contos e traballaron as tradicións do Samaín. Para rematar o día, construiron unha bruxa para levar a casa e asustar as súas familias.



















#Samaín2022 #normalizaciónlingüística #EDLG #ogalegomola