Participamos ! É o noso dereito

 Os nenos e nenas de 4º de EP estiveron realizando unha serie de actividades organizadas dende a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, que teñen como obxectivo que coñezan e traballen sobre os seus dereitos. 


Este ano traballamos baixo o lema "PARTICIPAMOS! É O NOSO DEREITO".

Este proxecto, apoiado dende a Xunta de Galicia, finalizará a semana do 20 de novembro en coordinación coa Consellería de Política Social, coa celebración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, día onde se cumpren 63 anos da Asamblea sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas.