Viva o magosto!

 Esta semana, os alumnos e alumnas de Primaria, achegámonos un pouco máis a unha das nosas tradicións máis populares, o magosto.

Os pequenos e pequenas traballaron o vocabulario do magosto e aprenderon unha poesía del, para despois, plasmalo todo nunha fermosa castaña.
































E, todos xuntos e xuntas, hoxe, celebramos o magosto no patio con xogos tradicionais preparados polo Departamento de Educación Física e co apoio de todos os mestres e as mestras de Primaria. Despois, como manda a tradición, comemos unhas castañas asadas que estaban moi boas.














































Foi unha tarde marabillosa, feliz magosto a todos e todas!


#magosto 22 #EDLG #normalizaciónlingüística #ogalegomola