Un proxecto novo: A maxia de ler.

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade Funcional, o 3 de decembro, esta semana os nenos e nenas de 1º ciclo achegámonos un pouquiño máis a este tema coa axuda do proxecto "A maxia de ler". Un novo proxecto que estamos a levar a cabo os venres, onde tratamos de levar a nosa lingua máis preto dos máis cativos e cativas de Primaria, a través dunha contacontos moi especial, a nosa mestra Noelia.

Este venres tocou "O paraugas de cebra", que nos axudou a ser máis conscientes do afortunados e afortunadas que somos de contar cun paraugas enorme no que collamos cos nosos soños, sentimentos, riquezas e fortalezas. Cando rematamos o conto, fixemos un paraugas que decoramos cos nosos gustos e onde collemos todos os nenos e nenas, coas nosas capacidades, esas que nos fan ser especiais e marabillosos. 

#normalizaciónlingüística #EDLG #amaxiadeler #proxectodelectura #primaria