Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria participaron nun taller de Freestyle contra o Bullying escolar organizado polo Concello de Ourense e impartido por Claudio Fernández e Alan Álvarez; dous magníficos representantes deste estilo que entretiveron aos cativos e cativas, ademais de ensinarlle valores coma o respecto, a tolerancia e a igualdade.