Comezamos unha nova aventura!

Para fomentar a lectura nos alumnos e alumnas de 6º, as mestras encargadas da biblioteca, Chelo Quintana e Conchi G. Romasanta, crearon un club de lectura para dinamizar o espazo. Dada a demanda para participar nesta actividade, tiveron que crear dous: "Recende a libros" e O sexto club".

O venres pasado tiveron unha xuntanza para comentar o libro: "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas, e poideron degustar algunhas das súas receitas, que con moi boa man prepararon os rapaces e rapazas para a ocasión coa axuda das súas familias.

Ben pola lectura!









#clubdelectura #biblioVE #6primaria