Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha das nosas escritoras máis recoñecidas e admiradas. Este ano fixemos diferentes actividades, dende Infantil, ata Primaria, para recordala e dar a coñecer o seu legado aos nenos e nenas.


Comezamos o día cuns “bos días” especiais, lembrando a figura de Rosalía e escoitando a canción do poema “Hora tras hora, día tras día” que a nosa mestra de música, Conchi López, fixo para a ocasión.






Os máis pequenos plantaron pensamentos na horta do colexio, en homenaxe a Rosalía, xa que eran as flores que máis lle gustaban á escritora.















Pintáronse multitude de carautas da escritora en diferentes estilos.
























































































Fixémonse xogos e actividades, tanto en papel, coma en liña, para repasar a súa vida.











Ademais, dende o noso colexio, sumámonos a iniciativa da Fundación Rosalía de Castro que volve pór en marcha este 2023 o “Caldo de Gloria”, unha actividade inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, de Follas Novas, na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. E, por iso, no noso comedor, tivemos un saboroso “Caldo de Gloria”.











Feliz Día de Rosalía!



#normalizaciónlinguística #EDLG #RosalíadeCastro #CaldodeGloria #DíadeRosalía #ogalegomola