Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria temos a sorte de poder participar no proxecto de apadriñamento lector do colexio. Trátase de acompañar aos nenos e nenas de 5 anos no seu proceso de lectoescritura do galego para darlle un pulo ao noso idioma dende pequenos.
Aínda que tivemos algunha xuntanza antes do Nadal, só foron para coñecernos todos e todas, en xeral; nesta reunión, ademais de preparar material para o día de Rosalía de Castro que será o vindeiro 23 de febreiro, tamén coñeceron aos seus afillados e afilladas e estiveron presentándose para saber os seus gustos e afeccións e, así, poder comezar a traballar.
#apadriñamentolector #apadriñamentoVedruna #normalizaciónlingüística #EDLG #ogalegomola