Encontros co autor: Lois Pérez Díaz

Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria tiveron a sorte de poder participar na actividade do Concello de Ourense: "Encontros co autor". Nela, achégase un autor coñecido ao centro e os nenos e nenas poden falar con el e preguntarlle as súas dúbidas sobre o libro que leron dese mesmo escritor. Neste caso, o autor que se achegou foi Lois Pérez Díaz; escritor, entre outros de A gruta da torre.

Os rapaces e rapazas de 5º puidenron falar do libro e, moi amablemente, o escritor, asinoulles o libro a cada neno e nena.

#animaciónálectura #ConcellodeOurense #encontroscoautor