Onte, fomos os anfitrións da Festa da Lingua 2023 que se celebra para todos os colexios da provincia que pertencen a Escolas Católicas. Ademáis dos nosos nenos e nenas de 5º e 6º de EP, viñeron alumnos e alumnas de 5º e 6º de María Auxiliadora-Salesianos, Divina Pastora-Franciscanas, Sagrado Corazón-O Carballiño, que representaron o noso amor polo galego e o traballo que estamos a facer para que non se esqueza que somos e sempre seremos galegos.
Yolanda, a nosa directora, presentou o acto, xunto con alumnos, Cristina, Iago, Gabriel e Luís, membros do EDLG do colexio e, ademais, tivemos a presenza de Manoli Maseda, coordinadora provincial dos EDGL e Charo Baleirón, coordinadora do Departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas. O manifesto do acto a prol do galego foi feito e lido pola nosa queridísima mestra, Rosi Redonet e, durante toda a mañá tivemos a sorte de contar con dous músicos e profesores, Elías Piñeiro e Mila da Aira, que cantaron para nós dúas cancións creadas para a Festa da Lingua.
Para finalizar, Xoán Curiel, cerrou o día facendo un concerto onde os nenos e nenas de todos os colexios participaron animadamente.
Un ano máis... Que viva a Festa da Lingua! Que viva o galego!
#FestadaLingua #normalizaciónlingüística #EDLG #Vivaogalego #EscolasCatólicas