Dende o Servizo Galego de Saúde organízase un taller para o alumnado de 6º para explorar o mundo das sensacións e emocións relacionadas coa alimentación que imparten as médicos, Mercedes Fernández Gómez, Yolanda Rodríguez Álvarez, Alba López Álvarez, Camino González González e Noemí Amaro Vázquez; e máis, as enfermeiras, María Fernández Álvarez, Jennifer Prado Fernández e Ana Belén Barral.
Os nosos alumnos e alumnas, hoxe tiveron a sorte de poder participar nel e desfrutar da alimentación dunha maneira diferente; dandolle a volta aos nosos gustos e hábitos e empezando a mirar as comidas dende outro punto de vista distinto e máis saudable.
#TallerAlimentandoEmocións #6ºprimaria #salubrízate #servizogalegodesaúde