Obradoiro "Avós e avoas e novas tecnoloxías"

Este ano convidamos ao avós e avoas dos alumnos e alumnas de 6º a vir ao cole para facer un pequeno encontro e, ademais de compartir momentos xuntos, que os netos e netas lle expliquen ferrametas dixitais para utilizar no seu día a día.
Estuveron unha tarde compartindo con eles os seus coñecementos sobre apps e servizos que poden ser útiles para participar máis dixitalmente nesta sociedade.

A experiencia foi xenial e os avós e avoas queren voltar outro día... Así que, pensaremos outro obradoiro!

Grazas por vir!


#normalizaciónlingüística #pasaportesolidario #EDLG #familiaVedruna