Neste tema de Ciencias Naturais os alumnos de primeiro e segundo de primaria aprendimos distintos conceptos sobre as plantas: as súas partes e as funcións de cada unha, coñecimos diferentes tipos de plantas e as súas características e tamén como as usamos os seres humanos.
Para rematar o tema e recordar todo o que aprendimos os nenos crearon un herbario e explicáronlle aos seus compañeiros todo o que investigaron. Ademáis plantamos lentellas e fabas e vimos de primeira man como xermina a nosa planta. Este tipo de actividades motiva a aprendizaxe dos nosos alumnos xa que repasan dunha forma más vivencial e práctica.