Viaxe a Cantabria

Os alumnos e alumnas de 6º de E.P. fixemos a nosa viaxe de fin de curso a Cantabria, o primeiro día visitamos o Parque Natural de Cabarceno e puidemos desfrutar dos animais e dun día na natureza.

O día seguinte, coñecemos Santander, desfrutamos dun paseo turístico no Tren Magdaleno e, ao rematar, fomos a Santillana del Mar e as Covas de Altamira.

Foi unha viaxe espectacular!