Hoxe celebramos o Magosto da mellor maneira posible, desfrutando todos xuntos dunha festa tan tradicional coma esta. Estivemos, tanto Infantil, coma Primaria, xogando a xogos tan coñecidos coma a pita cega, o pano ou a ra; ademais de comer unhas ricas castañas repartidas polas nosas castañeiras.
Viva o magosto!